Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

O señorito da Reboraina: unha vida trepidante

Imagen
Do señorito da Reboraina houbera escrito algún frade erudito do século anterior ser o Pactolo en cuxas ondas todos os beizos se mollaban, ou o corno da abundancia. Só estaba ledo ciscando cartos para manter a súa corte, sempre anovada, de xurifaces, valentóns, gandainas, vellas porcas alcaiotas, cregos de latín das silveiras, señoritos de secano, militares a medio soldo, labregos queixumosos de ollos e gadoupas listas para arranxar bos perpiaños ou remendar os escanastrados pardiñeiros. O cal non bota fóra o número de amigos bos e xentes prontas a deixarse matar polo fidalgo, elegante, dado e xeneroso. Entrando sempre de a cabalo ou con cortexo nas vilas e rueiros da súa simpatía, era aplaudido e estrondaban foguetes; e saíndo, botaba como quen sementa mangados de diñeiro no vago e debullante eido da xente. Era valente, non cativo de saberes, gracioso e moi presumido. Cegábase e perdía o tino en canto lle recendía carne de moza papoíña. Así describía o patriarca das letras, don Ramón O...